Convenios
Acordo marco de colaboración entre o Instituto
Galego de Análise e Documentación Internacional e a Universidade de Vigo
En Vigo, a 2 de febreiro de mil novecentos noventa e seis.
REUNIDOS
Dunha parte, o rector da Universidade de Vigo, nomeado segundo o Decreto da Comunidade Autónoma
de Galicia nº 69/1994, de 8 de abril, publicado no DOG nº 68 do 11 de abril de 1994 de acordo coas competencias
que lle outorga o artigo 18 da LRG e o artigo 97 dos Estatutos, publicados no DOG nº 204 de outubro de 1993.
E doutra, Xulio Ríos Paredes, director do IGADI, Instituto Galego de Análise e Documentación Internacional, nomeado en Asamblea Ordinaria do día 10 de setembro de 1991, segundo o procedimento indicado no artigo 10 dos seus Estatutos.
Ambas partes recoñécense entre si capacidade xurídica suficiente e poder bastante para obrigarse neste Convenio e, a tal efecto
EXPOÑEN
Que ámbalas entidades consideran de interese común promove-la a cooperación para
o desenvolvemento científico e tecnolóxico de Galicia procurando unha aplicación práctica
do coñecemento en proveito da nosa sociedade.
Que é o desexo de ámbalas dúas Institucións a suscripción dun Acordo Marco de Colaboración que instrumente e regule as súas relacións mediante a eventual suscripción de convenios específicos.
Por isto, ambas partes acordan suscribí-lo presente Acordo Marco de Colaboración, de acordo coas seguintes
CLÁUSULAS
PRIMERA
O obxecto do presente convenio consiste en regula-la colaboración entre a Universidade de Vigo e o IGADI.
SEGUNDA
O propósito deste convenio é realizar actividades e proxectos en forma conxunta en todo tipo de asuntos que resulten de interese para as institucións que representan entre as cales, en forma enunciativa pero non limitada, menciónanse as seguintes:
TERCEIRA
Cada unha das partes comprométense a non difundir baixo ningún aspecto as informacións científicas ou técnicas no desenvolvemento dos proxectos de investigación que se leven a cabo.
Os datos e informes obtidos durante a realización dos proxectos conxuntos, así como os resultados finais, terán carácter confidencial. Cando unha das partes desexe utiliza-los resultados paciais ou finais, en parte ou na súa totalidade, para a súa publicación como artigo, conferencia, etc deberá solicita-la conformidade da outra parte por escrito mediante carta certificada dirixida ó responsable da mesma no seguimento do proxecto.
Calquera que sexa o modo de difusión, respectarase sempre a mención dos autores no traballo. No caso de parentes, estes figurarán na calidade de inventores. En calquera caso, farase sempre referencia especial ó presente convenio.
CUARTA
No prazo de 30 días hábiles a partir da data de sinatura do presente Convenio Marco, constituirase
unha Comisión Mixta
con representantes designados polos órganos rectores de ámbalas dúas partes en réxime
de paridade. A dita Comisión será o órgano de planificación, seguimento e avaliación
das accións derivadas do presente Convenio Marco e entenderá e resolverá tódalas cuestións
relacionadas con el e cos convenios específicos. A Comisión Mixta reunirase sempre que o solicite
unha das partes e, alomenos, unha vez ó ano elevará informes e propostas ós órganos
rectores de ámbalas partes.
QUINTA
A celebración deste convenio marco non supón ningún gasto para ningunha das partes asinantes, é por iso que non precisa consignación presupostaria.
SEXTA
Cada un dos programas concretos de colaboración entre ámbalas dúas partes requirirá a elaboración dun Convenio Específico no que se determinará:
SÉPTIMA
O presente convenio empezará a produci-los seus efectos a partir data da súa sinatura, unha vez aprobado pola Xunta de Goberno segundo o artigo 77.e dos Estatutos de esta Universidade, e terá unha duración de catro anos, podendo ser renovado tacitamente de non manifestarse en contra ningunha das partes.
OITAVA
No caso de que calquera das partes decida rescindi-lo presente convenio, deberá anuncialo á outra con, alomenos, tres meses de antelación.
As partes conveñen que, non obstante o anterior, os proxectos específicos e actividades que de se-lo caso se estiveran desenvolvendo no momento de declararse a terminación do presente convenio, continuarán desenvolvéndose ata a súa total conclusión baixo as bases que orixinariamente se acordaron.
NOVENA
O incumprimento de calquera das obrigas contraídas polo presente convenio por unha das partes facultará
á outra para rescindi-lo mesmo, quedando automáticamente anulados tódolos dereitos correspondentes
sobre o proxecto do programa
realizado.
DÉCIMA
As partes poderán denunciar ou modifica-lo presente documento en calquera momento e de mutuo acordo.
UNDÉCIMA
Os acordos que se reflicten neste convenio e nos específicos que se asignen, terán sempre carácter administrativo e non se deriva deles, en ningún dos casos, dereitos ou obrigas de carácter laboral.
DUODÉCIMA
As cuestións litixiosas xurdidas verbo da interpretación, modificación, resolución e efectos do presente convenio serán resoltas en primeira instancia pola Comisión Mixta Paritaria, poñendo os seus acordos fin á vía administrativa, e podendo interpoñer contra os mesmos recurso contencioso-administrativo segundo o disposto na Lei Reguladora desta xurisdicción.
Para tales efectos o tribunal competente será o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia.
E de conformidade, asínase o presente Acordo Marco en duplicado exemplar no lugar e data indicados ó
comezo.
| Pola Universidade de Vigo, | Polo IGADI, |
| J.A. Rodríguez Vázquez | Xulio Ríos Paredes |
Instituto Galego de Análise e
Documentación Internacional
ÚLTIMA REVISIÓN: 16/8/99