| Presenza-Opinión |
||||||||
| Alternativas ao dólar Xulio Ríos (AGN, 29/03/2009) |
||||||||
|
China e Rusia, como todos os demais países, dependen do sistema actual dominado polo dólar, o cal outorga grandes vantaxes á Administración de EEUU. A política económica de Washington, especialmente nas actuais circunstancias de crise, pode ter un enorme impacto, entre outros, sobre as reservas de cambio destes países. No caso de China, unha grande parte dos seus billóns de divisas están materializados en dólares. Pequín mercou bonos do Tesouro estadounidense por valor de máis de 700.000 millóns de dólares, un investimento hoxendía ruinoso polo escaso atractivo dos tipos de xuro. Para China, as perdas, agravadas pola revalorización do iuán fronte ao dólar –máis dun 20%–, comezan a ser preocupantes, pero non menos que a falla de confianza na seguridade dos seus activos no mercado estadounidense. O primeiro ministro Wen Jiabao pediu a Obama garantías efectivas para os seus investimentos e só recibiu boas palabras. Pequín contribúe a financiar o relanzamento da economía estadounidense, pero recibe a cambio unha escasa recompensa e poida que ata ningunha compensación, nin no económico nin no político, o cal aumenta o nerviosismo. O FMI, diplomaticamente, acolleu esta idea rusa de forma positiva, e valorouna como unha proposta que merece ser estudada e examinada con seriedade. No fondo, o debate sobre a moeda desvela as crecentes reticencias de significativos actores da sociedade internacional que desconfían dos compromisos de EEUU e da solvencia dunha economía á baixa pero tamén da súa disposición a ter en conta os intereses dos demais países, especialmente os rivais estratéxicos, aos que podería tentar sacrificar sen contemplacións en aras de salvarse da mesma queima que Washington provocou na economía mundial. |
||||||||
|
||||||||
|
Instituto Galego de Análise e Documentación Internacional www.igadi.org ÚLTIMA REVISIÓN: 29/03/2009 |
||||||||
|
||||||||