Actualidade Exterior / nº 196-22/2006 de 6 de novembro Volver a TitularesVolver a Actualidade Exterior
O novo Brasil de Lula
 
 
Análise

     
   

Nunha segunda volta electoral que lle permitiu obter a máis alta votación na historia de Brasil, Lula da Silva asumirá en xaneiro de 2007 o seu segundo mandato cun panorama político máis cómodo, aínda que consciente dos novos desafíos que deberá acometer: a reforma política, o combate á pobreza, o crecemento económico e a recuperación da credibilidade ética do seu partido, o Partido dos Traballadores, PT.

Ao Contrario do acontecido na primeira volta electoral, a segunda convocatoria do domingo 29 de outubro confirmou a fortaleza política de Lula. Obtivo dous millóns de votos máis dos conseguidos na primeira volta, un total de 58 millóns de votos, un 60,83% que o converte no presidente brasileiro máis votado da historia.

Tras perder anteriormente en tres eleccións (1989, 1994 e 1998) e gañar no 2002, a actual reelección confirma a Lula como o líder político máis representativo no período da recuperación democrática brasileira principiada en 1985.

Paralelamente, Lula derrotou ao seu adversario do Partido Social Demócrata de Brasil, PSDB, Geraldo Alckmin, en 20 dos 27 estados nacionais. Nos estados máis pobres do nordeste de Brasil, a súa vitoria acadou díxitos do 80%. Do mesmo xeito, o seu discurso conciliador cara aos sectores medios e altos permitiu a Lula gañar nos disputados estados do sudoeste.


Os retos

A elección do domingo 29 confirmou tamén que os agudos escándalos de corrupción e suborno dentro do PT non afectaron excesivamente á imaxe presidencial, máis fortalecida pola efectividade dos seus programas sociais e o saudable nivel da economía brasileira.

Pero este segundo período afronta retos ineludibles para un Lula que xa procura sucesor alén do 2010. Estes desafíos pódense dividir en: reforma política; combate á pobreza; crecemento económico; e a recuperación da credibilidade e o proceso de sucesión dentro do PT.

a) A reforma política:

O amplo mosaico de partidos, ideoloxías e movementos políticos brasileiros presentes no Congreso foi un dos obstáculos máis importantes no primeiro período de Lula, afectando a viabilidade gobernamental e a aprobación de leis e proxectos lexislativos.

Para evitar esta dependencia das constantes alianzas (que posibilitaron tamén a activación dos mecanismos de suborno e compra de deputados) e a “atomización” política do Congreso, a reforma política que espera impulsar Lula no seu segundo goberno espera reducir o número de partidos con representación parlamentaria, coa finalidade de deixar fora a aqueles que, sendo minúsculos, son quen de influír nos seus gobernantes e afectar os proxectos lexislativos presentados polas principais coalicións no Congreso.

Esta reforma tamén se dirixe a evitar a figuras dos tránsfugas políticos, algo moi frecuente nos derradeiros anos de política brasileira, fenómeno que é interpretado por diversos analistas como situacións de oportunismo político.

Lula posúe unha cómoda posición para levar adiante esta reforma, xa que conta co apoio de 17 dos 27 gobernadores estatais e a maioría na Cámara Baixa do Congreso, a maioría deles pertencentes ao PT ou a partidos da súa coalición, como o Partido Movemento Democrático de Brasil, PMDB. A pesares deste apoio, Lula só ten 15 dos 33 ministerios a cargo do seu partido e 83 dos 513 deputados na cámara baixa, polo que se verá na necesidade de formar diversas alianzas e pactos.

b) Combate á pobreza:

A efectividade do seu programa de asistencia social “Bolsa Familia”, permitiu no primeiro mandato de Lula a mellora nas condicións socioeconómicas de once millóns de familias brasileiras, diminuíndo parcialmente as enormes desigualdades existentes no país.

Pero a cuestión social e a pobreza serán as tarefas mais difíciles de afrontar neste segundo período, trala preponderancia anterior da ortodoxia económica e financeira. Unha boa parte das divisións e expulsións de líderes políticos do PT ocorridas no 2003, como Heloísa Helena e Cristovam Buarque, estiveron precedidos polas críticas cara a “política neoliberal” de Lula e a pouca concentración no combate da pobreza ou a reforma agraria.

Do mesmo xeito, unha grande cantidade de movementos sociais afíns a Lula, como o Movemento dos Sen Terra, MST, amosaron recentemente as súas críticas pola política económica gobernamental, aínda que isto non significase unha frontal oposición aos programas de Lula. No seu segundo período, a influencia e a mobilización destes movementos serán determinantes para condicionar a xestión de Lula.

c) Crecemento económico:

Brasil é a principal economía latinoamericana, enmarcada dentro das economía emerxentes a nivel global. Pero o seu desempeño económico nos derradeiros dous anos foi dun crecemento do 2,5%, un dos máis baixos do continente latinoamericano.

A pesar do cumprimento dunha estrita política económica de axuste fiscal, o segundo período de Lula deberá centrase na súa promesa de crecemento do 5%. O elevado gasto público social e as altas taxas de interese son considerados polos seus críticos como os principais obstáculos para alcadar este desempeño, aínda que o seu goberno obtivo importantes cotas no mantemento a raia da inflación.

Non obstante, moitos analistas financeiros brasileiros e estranxeiros consideran que a economía brasileira está nun momento oportuno para acometer unha fase de expansión no seu crecemento económico. Outro factor se dirixe a enfocar na rexión sudamericana, especialmente en torno ao MERCOSUR, como unha prioridade para cimentar o liderado de Brasil no continente.

d) Credibilidade e sucesión no PT:

Segundo a organización “Transparencia Internacional”, Brasil é considerado un país “moi corrupto”, superando a varios dos seus veciños suramericanos. Coaccionado polo escándalo de corrupción e suborno que estivo a piques de desembocar nun proceso de impeachment ou xuízo político no 2005, será necesario para Lula realizar unha efectiva política de saneamento das prácticas de corrupción no seu partido.

Neste apartado, unha parte do electorado brasileiro celebrou a sinceridade de Lula en recoñecer a corrupción dentro do seu partido, que deberá agora concentrarse en medidas efectivas e visibles. A recuperación na credibilidade do PT e Lula ocupará moitos esforzos gobernamentais cara o segundo período.

O outro factor será o proceso de sucesión de Lula para as eleccións do 2010, nas que constitucionalmente o actual presidente non poderá presentarse. Existen diversas opcións que comezarán a cimentarse tralas municipais de 2008 e, especialmente, ao longo do 2009: Marta Suplicy, ex prefecta de São Paulo; Tarso Genro, ministro de Relacións Institucionais e un dos seus principais colaboradores; e Ciro Gomes, ex ministro e deputado polo Partido Socialista de Brasil, PSB.

O programa 2007-2011 de Lula estará enfocado tamén en asegurar unha continuidade para o PT e a súa coalición ata o 2015. Neste sentido, a esquerda brasileira espera concretar máis dunha década de goberno, na que as promesas sociais de reforma agraria e o combate á pobreza serán necesarias para reducir os elevados niveis de desigualdade socioeconómica existentes, sen que isto obstaculice a potencialidade económica e a ascendente estela xeopolítica do Brasil.

     
     
Revista de prensa

     
1   Lula e o desafio da governabilidade”, en O Globo (Brasil), 29 de outubro de 2006.

(...) Lula terá pouco mais de um ano e meio antes de ser atropelado pelo calendário eleitoral. Haverá eleições municipais em 2008 e, no fim de 2009, já se estará discutindo a sucessão (...) Lula vai encontrar um país dividido (...) seu principal desafío será governar para todos.
     
2   A política pós-Lula”, por Kennedy Alencar, en Folha do Sao Paulo (Brasil), 29 de outubro de 2006.

Como ficará o jogo político pós-Lula? O PT terá o imenso desafío de construir uma nova liderança capaz de concorrer com chance daqui a quatros anos. Na esteira dos escândalos do mensalão e do dossiegate, parece tarefa hercúlea (...) Se Lula fizer um bom segundo mandato, terá cacife para ditar o rumo do PT.
     
3   Depois da vitória, começa a agenda da governabilidade”, por Liliana Lavorati, en Gazeta Mercantil (Brasil), 30 de outubro de 2006.

A crise política e o acirramento da disputa eleitoral criaram uma grande expectativa em torno da administração federal no período 2007 e 2010. Espera-se uma mudança na forma de compor o ministério, fazer alianças, no relacionamento entre o Executivo e Legislativo, e na maneira de gerir o país, o que de imediato diferenciaría este do primeiro mandato de Lula.
     
4   Lula da Silva reelecto: presencia más activa en América del Sur”, en adnmundo (España-Arxentina), 30 de outubro de 2006.

En este segundo mandato, (Lula) profundizará su política externa, con una política mucho más activa hacia Sudamérica e, incluso, destinando recursos materiales y financieros para proyectos en países vecinos, como Paraguay y Uruguay.
     
5   Lula pondrá énfasis en los pobres y la reforma política”, por Mario Osava, en Inter Press Service (Italia), 30 de outubro de 2006.

Lula enfrentará otros cuatro años de gobierno con el izquierdista PT debilitado por los escándalos y las crisis (...) el PT depende de coaliciones para asegurarle mayorías al gobierno (...) Por otro lado, Lula tendrá muchos aliados entre los gobernadores estaduales, que tiene fuerte peso en la política brasileña.
     
6   La magia de Lula”, editorial en El País (España), 31 de outubro de 2006.

Crecer es su gran asignatura pendiente (...) Para conseguir este objetivo, y el enorme esfuerzo que le queda a Brasil en materia de educación pública, sanidad, fiscalidad, reforma política y lucha contra la corrupción (...) Lula necesitará el apoyo de múltiples grupos en el Congreso, con una Cámara atomizada y donde el primer partido es de la derecha.
     
7   Lula's comfortable win”, en The Economist (Gran Bretaña), 30 de outubro de 2006.

The president has a comfortable win under his belt and has promised to dedicate his second term to the needs of the poor. However, some worry that the mudslinging and scandal may mean the opposition now tries to subvert him, harassing the government for corruption and blocking legislation.
     
8   Lula encara fortalecido un segundo mandato, con el desafío de acelerar el crecimiento económico”, por Mariano Zucchi, en Clarín (Argentina), 30 de outubro de 2006.

El nuevo mapa político deja fortalecido al gobierno para los próximos cuatro años. Lula y sus aliados dominan 14 de los 27 estados. Y el PT y sus socios menores se convirtieron en una mayoría efectiva en el Congreso. Con ese escenario, Lula precisará de acciones decididas que devuelvan credibilidad ética a su gobierno y acelere el crecimiento económico del país.
 
Volver a TitularesVolver a Actualidade Exterior



Ir á páxina de inicio
Instituto Galego de Análise e
Documentación Internacional
www.igadi.org

ÚLTIMA REVISIÓN: 02/11/2006
Fernando Pol


Subir

 

Subscríbete á lista de correo do Igadi e recibe notificación das novas
informacións, artigos, documentos, convenios, publicacións, etc, que ofrece
o Igadi na súa páxina web Igadi na Rede.


Para comprender o Mundo desde aquí ...
... para proxectar a Galicia no contexto internacional.

   

Apúntate en: http://www.elistas.net/lista/igadi/alta