| Actividades |
|||
| PP, PSOE e BNG analizarán en Vigo o voto emigrante Tempo Exterior, a revista do Igadi, reflexiona sobre o voto das diásporas |
|||
|
2 de febreiro, 20:00 horas. A vixencia e actualidade do voto da diáspora cobra importancia na política galega. É por iso que, na actual conxuntura de cambio político en Galicia, resulta necesario discutir e analizar as posibilidades de que a diáspora galega poida dotarse de maiores e mellores mecanismos de participación política no porvir de Galicia. O debate centrarase nas propostas dos principais grupos parlamentarios galegos sobre os mecanismos de participación política da diáspora galega. A natureza e repercusión do voto exterior é o tema central do Tempo Exterior nº 11, principalmente dende as perspectivas israelita, portuguesa, caboverdiana, italiana e mexicana. A iniciativa, organizada polo Igadi no marco das actividades do seu 15º aniversario, constitúe unha excelente oportunidade para que a sociedade galega coñeza a situación, as carencias e as propostas que se deben levar a cabo para mellorar e ampliar as garantías democráticas do voto exterior. Máis información: info@igadi.org, 986 357 238. |
|||
|
Instituto Galego de Análise e Documentación Internacional www.igadi.org ÚLTIMA REVISIÓN: 01/02/2006 |